Mateo Gómez, do CEIP de Refoxos gaña o concurso de debuxo infantil “Os Reis Magos chegan a Oia”

Os Reis Magos de Oriente percorrerán as parroquias de Oia durante toda a xornada do sábado día 5. As súas Maxestades farán paradas para visitar ás nenas e nenos e comprobar que se teñen portado ben durante o último ano.

A Comitiva Real fará a súa ruta por Oia levando festa, ledicia e ilusión a cada recuncho do municipio. O percorrido e horarios serán os seguintes:

Pola mañá:

  • A Portela (11.00h).
  • Mavia/Santa Comba (11.30h).
  • Acevedo (12.00h).
  • Praza de Loureza (12.30h).
  • Praza de Burgueira (13.00h).
  • Praza de Torroña (13.30h).

Pola tarde:

  • Casa Cultural de Viladesuso (15.00h).
  • Casa Cultural de Pedornes (15.30h).
  • Baixada ao Mosteiro de Oia coa Rondalla de Mougás (16.00h).
  • Panxoliñas na Igrexa de Sta. María de Oia (16.15h).

A recepción aos Reis Magos farase no CEIP Mestre Manuel García (17.30h), onde haberá agasallos, chocolatada, animación infantil e belén vivente. Dende alí continuarase o percorrido ata a Casa Cultural de Mougás (19.15h), onde acabará a festa.

En caso de choiva, os Reis Magos visitarán as casas da cultura das parroquias nos horarios previstos. Se o tempo o permitise, a partir das 16.00 horas, celebraríase o desfile de carrozas desde o Mosteiro de Oia e iría ata o colexio Mestre Manuel García.