Este venres, 8 de novembro, os veciños de Baiona espertaron coa peor das noticias que unha familia pode recibir. Estela Blach, veciña de Belesar, era asasinada.

Dende o PSdeG-PSOE queren «amosar todo o noso apoio a familiares e amigos. Esiximos xustiza, reparación e unha Baiona unida fronte a calquera tipo de violencia exercida contra a muller».

Apuntan tamén os socialistas que «queremos facer un chamamento á cidadanía, a todos os veciños e veciñas de Baiona para que este domingo, ás 12:00 horas, e o luns á mesma hora, se acheguen ata a praza do Concello para participar no minuto de silencio en condena ao asasinato de Estela».