Segundo os socialistas de Baiona «unha vez máis o Partido Popular despreza a lingua galega para logo facer uso electoral da mesma e poñerse a medalla de Galicia».
Indican que no pleno de setembro, o portavoz socialista, Carlos Gómez, preguntou ao alcalde Almuiña pola utilización do castelán por enriba do galego en redes sociais. «A súa resposta foi que sempre se empregarían ambas».
Afirman que este mes de novembro os veciños de Baiona recibiron nas súas casas un novo almanaque cun discurso de Almuiña en castelán. «Trátase dun desprezo do galego feito dende unha institución municipal que se esquece dos veciños e veciñas e só pensa en facer propaganda do alcalde«, matiza Gómez.
Os socialistas aseguran que «Almuiña non respecta nin a lingua nin a cultura galegas, só hai que ver a súa campaña, mitins, discursos e sesións plenarias. Desde fai anos hai un compromiso por parte de todas as administracións para fomentar a nosa lingua e, unha vez máis, o PP de Baiona non cumpre«.