Os Socialistas de O Rosal presentan este sábado, ás 12:00h, a súa candidatura ás Eleccións Municipais, que terá lugar no Salón Multiusos do Centro Social Polivalente do Rosal.
Neste evento intervirán Modesto Pose, Senador polo PSOE e o Candidato á Alcaldía polo PSdG-PSOE, José Carlos Martínez Crespo, nun acto presentado por José Manuel Domínguez Freitas, ex alcalde da Guarda.
O 26 de maio vanse celebrar novas eleccións municipais ás que José Carlos Martínez Crespo se presenta como candidato para a Alcaldía do Rosal polo PSdG-PSOE.
«Ese día estamos chamados as urnas para definir a composición da futura Corporación Municipal do Rosal. O Partido Socialista Local estará defendido pola seguinte candidatura, é unha aposta rupturista cas vellas tendencias e renovada», indica Martínez:
- José Carlos Martínez Crespo
- Juana Rosa Maceiras Riomao
- Miguel Ángel Rodríguez Velasco
- Begoña Domínguez Cerqueira
- Luis Giráldez Giráldez
- María Concepción Alonso Rodríguez
- José Manuel Gómez Campos
- Milagros Lores Torres
- Matías Martínez Martínez
- Silvia Rodríguez Duran
- José Luis Gómez Trigo
- Carmen María Rodríguez Lagos
- Julio Vicente González
En palabras do Candidato a alcaldía, “O proxecto progresista que lidero está comprometido cun Rosal plural, como a nosa veciñanza, igualitario dende a diversidade, inclusivo, pensado a partir dun modelo de convivencia que soubemos construír e que non podemos deixar que se perda.”