Os Socialistas de O Rosal presentan este mércores, ás 21:00h, a súa candidatura ás Eleccións Municipais, que terá lugar no Salón Multiusos do Centro Social Polivalente do Rosal.
Neste evento, presentado pola Nº2 da candidatura, Rosa Maceiras, intervirán José Manuel Domínguez Freitas, ex alcalde da Guarda, Modesto Pose, Senador polo PSOE e o Candidato á Alcaldía polo PSdG-PSOE, José Carlos Martínez Crespo.
O 26 de maio vanse celebrar novas eleccións municipais ás que José Carlos Martínez Crespo se presenta como candidato para a Alcaldía do Rosal polo PSdG-PSOE.
«Ese día estamos chamados as urnas para definir a composición da futura Corporación Municipal do Rosal. O Partido Socialista Local estará defendido pola seguinte candidatura, é unha aposta rupturista cas vellas tendencias e renovada», indica Martínez:
- José Carlos Martínez Crespo
- Juana Rosa Maceiras Riomao
- Miguel Ángel Rodríguez Velasco
- Begoña Domínguez Cerqueira
- Luis Giráldez Giráldez
- María Concepción Alonso Rodríguez
- José Manuel Gómez Campos
- Milagros Lores Torres
- Matías Martínez Martínez
- Silvia Rodríguez Duran
- José Luis Gómez Trigo
- Carmen María Rodríguez Lagos
- Julio Vicente González
En palabras de José Carlos Martínez Crespo “O proxecto progresista que lidero está comprometido cun Rosal plural, como a nosa veciñanza, igualitario dende a diversidade, inclusivo, pensado a partir dun modelo de convivencia que soubemos construír e que non podemos deixar que se perda«.
