Os socialistas da Guarda aseguran que, «o balance do 2023 foi, segundo a Conta Xeral, positivo en todos os aspectos. Gustaríanos que Carrero e o seu equipo deixaran de intentar esconder a súa incapacidade para xestionar o Concello detrás de bulos».
O ano pasado, indican, «Carrero e o Tenente Alcalde, aseguraban a distintos medios de comunicación que os socialistas nos pulíramos o diñeiro do Concello e que as arcas municipais estaban sen un duro. Mentiráns, ou ignorantes??».
Afirman que fai unhas semanas publicouse a Conta Xeral, que é ese documento que elabora unha vez ao ano o Departamento Económico do Concello, e no que queda reflectida a situación económica do Concello. «O documento que demostra que todo o que estes señores dicían non era máis que un bulo. E para desmontalo simplemente imos a dar tres datos significativos que extraemos da Conta Xeral do 2023 do Concello da Guarda:
- O saldo en bancos do Concello a 31/12/23 era de 3.270.640,30€.
- O resultado entre ingresos e gastos foi positivo, e dicir houbo máis ingresos que gastos, quedando un resultado orzamentario positivo de 962.012,08€.
- O Concello conta cun remanente positivo de 1.711.762,20€, que pode ser utilizado para financiar obras e inversións.
Os políticos poden dicir o que lles pete, pero os números son os que son», rematan.
