Este domingo tivo lugar en O Cordeiro, Salvaterra, a segunda das competicións da Liga Galega de Promoción de Slálom. A Liga de Promoción abarca os máis pequenos dos diferentes clubs galegos, concretamente as categorías pre-benxamín, benxamín, alevín e infantil.  Un total de cincuenta nenas e nenos tomaron a saída, dos cales catro foron en representación do Club Deportivo Miño-Teixugos.

En K1 pre-benxamín, Alejandro Barreiro, foi primeiro logrando a medalla de ouro. Tamen en K1, pero en Benxamín, Javier Lluch foi segundo, medalla de prata. O seu compañeiro de categoría, Sergio Álvarez, rematou quinto.

Adrián Lluch rematou sexto en C1 Infantil e undécimo en K1. Na mesma categoría, Mateo Rivas rematou décimo. Na clasificación por equipos os Teixugos remataron na sexta posición.