YOUTUBE // Centro de salud de A Guarda

O Colectivo PACS en Pé de Guerra Vigo denuncia un novo descuberto durante 4 horas por unha ausencia imprevista de enfermería no PAC da Guarda.

Esta situación producese cando na área que cubre o PAC da Guarda hai un aumento importante de poboación derivado do turismo e ademais con dous eventos importantes na zona como son o Encontro de Embarcacións Tradicionais na Guarda e a Festa do Viño do Rosal.

Ante esta ausencia imprevista, e a ausencia depersoal de enfermaría nas listas de  contratación, obrigouse a enfermeira que fai o reforzo de verán en quenda de tarde a prolongar a súa xornada 17 horas, isto supón a ausencia de descanso en toda a semana da traballadora que non dispuxo de ningún día libre e 59 horas de traballo nesta semana.

Esta situación supuxo unha sobre carga sobre o persoal que prestaba asistencia no PAC que esta vendo aumentada as demandas polo turismo e que entre semana segue a contar cun único equipo de médica enfermeira tendo unha situación atípica cando este equipo sae quedando o PAC a cargo dunha enfermeira e dun PSX e coa imposibilidade de realizar un diagnostico polo persoal médico.

Taménqueremoslembrarquedesdevaianosprescindiusedoreforzodeveránde facultativos que era habitualen zonas turísticas e nestes momentos estase a atenderamaispoboaciónconmenosmedios,conbaixasevacaciónssencubriro quederivaunaumentodeatenciónnosPuntosdeAtenciónContinuada.

Unha vez mais queremos denunciar que apolítica de facer mais con menos é unha iresponsabilidade por parte do SERGAS que o único que está a producir sobre carga e “queime” dos os profesionais e non poder asegurar unha boa calidade asistencial dos doentes.

Desde o noso Colectivo solicitamos que se tomen as medidas necesarias para asegurar a asistencia da poboación con calidade e seguridade e que a administración se sente anegociar para resolver un conflicto que leva mais dun ano e que derivou nunha folga que se prolonga xa mais de seis meses. É importante lembrar que entre as nosas reivindicacións consta a adecuada dotación dos centros.