ALFREDO // Petroglifo de A Cabeciña, Mougás

A Asociación Cultural Xuliva organiza este venres 3 de setembro, ás 20:00 horas, no Centro Social Fuscalho da Guarda, unha palestra sobre os petróglifos no Baixo Miño. A poñente será Alia Vázquez, Doutora en Arqueoloxía coa tese “A arte rupestre da Comarca do Baixo Miño: unha achega cuantitativa dende a perspectiva das novas ferramentas dixitais”.

Abordarase os petróglifos da nosa comarca para coñecer o tipo de manifestacións que compoñen o conxunto desta zona. A nosa arte rupestre constitúese como unha parte importante da nosa sociedade, resaltando a nosa cultura e amosando a vida dos nosos antergos.

En cumprimento da normativa polo Covid-19, o aforo do Fuscalho verase reducido, sendo adxudicados os asentos por orde de chegada.