MOTEIROS BAIXO MIÑO

O Rosal comenza a programación de Nadal este venres, ás 17:30 horas, e o fai cun espectáculo de Clown na Praza do Calvario. A continuación, será a inauguración do Mercado de Nadal no Salón de Exposicións: artesanía, roupa e agasallos.

Ás 19.00 horas, encendido do alumeado de Nadal na Praza do Calvario.

Sábado:

  • Continúa durante todo o día o Mercado de Nadal, con obradoiro de maxia e unha chea de sorpresas.
  • Ás 17.00 horas, obradoiro de abalorios para os máis pequenos e a III Papanoelada coa chegada dos Moteiros do Baixo Miño.
  • Ás 21:00 horas, cita na Sociedade de San Miguel, c o festival de paxoliñas.

Domingo:

  • Ás 10.30 horas, Campionato Galego de Footgolf na pista das Faias en San Xoán de Tabagón.
  • Ás 18.30 horas, Festival de Nadal que organiza a Agrupación Musical do Rosal no Auditorio Municipal.