O Centro Cultural de Peitieiros, Gondomar, celebra do 20 ao 25 de agosto a VI Semana Cultural e o XXV Festival Folclórico Internacional, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de agosto, ás 19:30 horas.
Programa:
Luns 20 e martes 21:
- Ás 20:00 horas, ensaios abertos do grupo Ecos e Agarimos.
Mércores 22:
- Xeira coorganizada co IEM sobre a toponimia do monte de Peitieiros: Polos cumes de Peitieiros. A paisaxe nomeada, guiada por Xosé Lois Vilar. O punto de encontro é ás 19:00 horas no alto de San Antoniño.
Xoves 23:
- Ás 21:00 horas, inauguración da exposición de Xistra: “30 anos de ghaitada”.
Xoves 23:
- Ás 22:00 horas, teatro: Trasluz teatro representará Piollosos no ador de Peitieiros.
Venres 24:
- Ás 22:00 horas, Canto de taberna, co Grupo de canto tradicional do CCV de Peitieiros e o Grupo Mistura de Vigo.
Sábado 25:
- O Centro Cultural de Peitieiros celebra o XXV Festival Folclórico Internacional. Un evento que naceu vinculado á creación do grupo Ecos e Agarimos que, desde entón, formou xeracións de músicos e bailadores. A eles e elas está dedicado este Festival que este ano ten o seguinte programa:
- Ás 12:00 horas, clausura da exposición: “30 anos de ghaitada” coa presenza de Xistra.
- Ás 19:30 horas, Ecos e Agarimos de Peitieiros, grupo anfitrión, Danças e cantares de Vitorino dos Piães, (Ponte de Lima), e Os Chavellos (Mos).
O XXV Festival Folclórico conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, do Concello de Gondomar, do IEM, de Xistra e da Comunidade de Montes de Peitieiros.