Luísa Villalta

O Centro Cultural de Peitieiros conmemora o Día das Letras Galegas este domingo 19 ás 18:00 horas nun evento realizado no salón de actos do Centro Cultural.

A actividade contará co Dúo Clásico Clarinete-Violonchelo, que ambientará musicalmente a conmemoración que xirará ao redor da autora homenaxeada, Luísa Villalta, quen tamén foi violinista tanto no grupo Escairo, coma na Orquestra de Santiago de Compostela e na Xove Orquestra de Galicia.

A presentación será realizada pola escritora de poesía Marta Dacosta, veciña de Peitieiros e compañeira de Villalta na directiva da AELG durante varios anos, falará da súa obra e da trascendencia da súa traxectoria literaria.