Centro Cultural de Peitieiros
CEDIDA // Centro Cultural de Peitieiros

Mañá sábado ás 20:30 horas o Centro Cultural de Peitieiros, no seu local, festexa a nosa lingua e faino coa entrega dos premios do III Certame literario.

Ao certame concorreron trinta e catro traballos, distribuídos nas tres categorías (até 12 anos, de 12 a 18 e maiores de 18). O xurado está composto pola profesora Aurora Fontán e os escritores: Marta Dacosta, Miguel Anxo Mouriño e Gonzalo Navaza que darán a coñecer o resultado da súa deliberación o propio sábado.

O premio consistirá nun certificado e un lote de libros, entre os que haberá obra de ou sobre Manuel María, autor homenaxeado este ano 2016. O nome das gañadoras ou gañadores darase a coñecer no propio acto, en que serán abertas as plicas.

Previamente, Marta Dacosta fará unha breve semblanza de Manuel María, autor homenaxeado neste ano 2016.

O acto rematará coa actuación do grupo de Canto tradicional do CCV de Peitieiros que interpretará algunhas das pezas creadas a partir de poemas do autor chairego.