CEDIDA

Resulta habitual que o Servizo de Urxencias do Centro Sanitario de A Guarda permaneza durante varias horas ao día sen a presenza de persoal de medicina e enfermería, dado a que en ocasións, teñen a necesidade de acompañar en ambulancia a pacientes ao hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo.

Durante este tempo, é o persoal non sanitario, que realiza as tarefas administrativas e de manipulación de pacientes, o que está á fronte do Punto de Atención Continuada para recibir a calquera paciente que poida chegar.

Pese a non ter obriga de coñecer nin realizar técnicas sanitarias, estes profesionais sinten a responsabilidade de prestar un primeiro auxilio aos pacientes que poidan precisar uns primeiros auxilios en situacións graves.

Ante a nulo interés que mostra o Sergas en formar ao persoal non sanitario de Galiza en Soporte Vitál Básico e a negativa a dobrar o número de persoal de medicina e enfermería para dar unha axeitada resposta á poboación do Baixo Miño, é o propio persoal do Centro de Saúde de A Guarda o que organiza en colaboración coa Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria un obradoiro de reanimación.

Durante a mañá do venres, parte do persoal administrativo, auxiliar e de servizos xerais co Centro de Saúde e o Punto de Atención Continuada (PAC) de A Guarda recibiron unha formación en técnicas de Reanimación Cardio-Pulmonar e Desfibrilación Semiautomática que lles permitirá realizar unha reanimación a unha vítima en parada cardiorrespiratoria e colaborar co equipo médico en situacións de extrema gravidade ante a escasede de persoal sanitario existente no centro médico.