Concello de Nigrán
RUBENS // Concello de Nigrán

Nigrán Decide presentará unha moción para o seu debate no próximo pleno no que pedirá ao goberno municipal a implantación dun programa para mellorar a calidade de vida das persoas prestando un apoio, preferiblemente dentro do propio domicilio, a aquelas persoas que se atopan cunha serie de limitacións que lles impide ter unha adecuada cobertura alimenticia. Dito programa debería estar orientado, principalmente, aos colectivos de persoas maiores, en situación de dependencia e persoas en situación en risco de exclusión, e coa súa implantación complementaría outros que xa presta o Concello de Nigrán, como é o de o servizo de axuda no fogar ou o Programa de Alimentos Municipal.

Este programa que debería ser cofinaciado polas persoas usuarias, en función dos seus recursos económicos, poría a disposición dos usuarios do mesmo a comida no domicilio, e permítese garantir un control dietético axeitado adaptado as necesidades e ao estado nutricional das persoas usuarias.

Unha das opcións pola que se pode decantar o goberno municipal sería adherirse mediante a sinatura dun convenio ao programa da Xunta de Galicia, sinala José Cuevas, voceiro de Nigrán Decide, para finalizar sinalando que na moción deixamos liberdade ao goberno municipal a que opte pola mellor opción para conquerir esta mellora da calidade de vida de destes colectivos.