As plataformas de emigrantes retornados do Baixo Miño, O Condado e Vigo convocan unha concentración na Praza da Inmaculada, diante do Xulgado Número 1.
A cita será este xoves 28 de setembro a partir das 11:00 horas, onde os representantes das plataformas darán a coñecer as súas reivindicacións.