Efectivos da Policía Local e de Protección Civil de Tui realizaron nos últimos días un curso sobre “Soporte Vital Básico”.

Catro axentes da Políca Local e catro voluntarios de Protección Civil formáronse durante 8 horas en técnicas de reanimación, RCP, pondo en práctica a teoría en maniquíes de reanimación tanto de persoas adultas coma de bebés. Ao tempo aprenderon cómo empregar os desfibriladores dos que están dotados as instalacións deportivas municipais e as propias instalacións da Policía Local.

Con este curso dende a concellería de Seguridade búscase dotar tanto á Policía Local, coma a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, da formación necesaria para poder actuar ante calquera emerxencia, neste caso concreto de carácter médico.

Este curso foi impartido por un instructor de SVB (Soporte Vital Básico) y DEA do programa Esvap do grupo de urxencias AGAMFEC. Avalado polo «Consejo español de RCP».

Para máis información sobre estes cursos de Soporte Vital Básico y DESA e recibir unha formación, pódese por en contacto co seguinte número de teléfono: 676 776 947.