Concello de Gondomar
ALFREDO // Concello de Gondomar.

Esta mañá celebrouse o pleno de organización do Concello de Gondomar, no que o equipo de goberno en solitario aprobou as novas dedicacións e o soldo do alcalde, «con unha subida tan desproporcionada que o mesmo alcalde a cualificou como unha «aberración», sinalan dende o PP gondomareño.

O Partido Popular manifestou no pleno que está de acordo en que o alcalde debe cobrar un soldo acorde co cargo e coa poboación do concello, «polo que non entendemos esta subida dun 28% no soldo do rexedor que ascende os 50.000€«, indican os populares.

Criticaron así mesmo que se aumente un 83% o custo que para as arcas do concello vai supoñer as seis dedicacións, e as asistencias as xuntas de goberno dos concelleiros sen dedicación. «Os gondomañeros van ter que asumir do seu peto, a través do orzamento do concello un total de 1.202.000 euros, mais a persoa de confianza nomeada polo alcalde» argumentaron os populares no pleno. Neste punto o PP gondomareño preguntou o motivo da ausencia do posto de confianza na orde do día do pleno, xa que segundo a Lei «o número, características e as retribucións do persoal eventual serán determinados polo Pleno de cada Corporación ó comezo do seu mandato.»

«O alcalde en troques de aportar datos que evidenciaran os motivos desta suba de gastos, tratou de xustificar esta proposta atacando os membros da oposición botando man da demagoxia e a prepotencia absoluta sen reparar sequera nos aspectos persoais dos seus membros, algo que no Partido Popular de Gondomar consideramos totalmente inadmisible«, explican.

No pleno se aprobaron a periodicidade das sesión plenarias que se farán mensualmente o primeiro xoves de cada mes, ás oito da tarde. Acordouse tamén a composición das distintas comisións informativas, os representantes nas mancomunidades do Val Miñor e Vigo, na mesa local de comercio, no consorcio galego de servizos de igualdade e nos consellos escolares.