Obradoiro de Emprego de A Guarda

A voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega, desvela que o Goberno Local da Guarda non solicitou ningún obradoiro de emprego para a mocidade e dos ordinarios que solicitaron. “A Guarda foi un dos poucos concellos da provincia que quedaron fóra por non ter a puntuación suficiente” afirma Ortega.

Conchi Ortega sinala que o alcalde “debería preocuparse por presentar proxectos ca puntuación sexa igual ou superior a outros concellos, e non sexa inferior ao resto como pasou na ultima convocatoria”. Pon como exemplo o que se refire á titulariedade do edificio da Escola de Oficios, “o Goberno local non arranxou un problema de titulariedade do centro no que se impartían os cursos e agora chegan as lamentacións”, explica Ortega. “Saben desde hai anos que teñen que solucionar este problema pero a pesar de levar moito tempo gobernando non hai ningún avance neste sentido”.

Para ocultar as súas eivas e a súa falta de interese por solucionar estes problemas, o alcalde pon en dúbida o traballo da Xunta de Galicia e a transparencia desta e dos encargados da avaliación dos proxectos pero non conta que o Concello da Guarda non cumpre cos requisitos da titularidade da escola de oficios, por mor da deixadez do alcalde” declara a portavoz popular.

Non creo que o Alcalde pense, como dixo na prensa, que a Xunta concedeu os obradoiros de forma partidista, afirmación que se demostra non é verdade, o único certo é a súa incapacidade para presentar proxectos con puntuación como os seus colegas” expón Ortega.