O pasado luns, presentouse a lista de Converxencia 21 cara as Eleccións Municipais do 26 de maio. «Unha vez máis, facendo gala da nosa habitual transparencia, publicámola para o coñecemento de toda a cidadanía, de feito parte importante do noso grupo presentouse xa os tudenses o pasado mes de marzo na Área Panorámica«, indican dende a formación política.
Tratase dunha lista, afirman, «na que o noso candidato volve a ser, evidentemente, Carlos Vázquez Padín, quen a súa vez artellou un equipo eminentemente enfocado a xestión das diferentes áreas do Concello. Unha lista que combina a experiencia política de persoas que actualmente xa levan concellerías con gran solvencia e outras de alto perfil tanto político como profesional».
«Tamén se pode constatar que este proxecto de C21 para Tui ten marcado carácter feminino tanto pola cantidade como pola relevancia das mulleres da nosa lista, e que ademais está moi ben representado nas parroquias«, apuntan
A continuación a lista completa:
- Carlos Vázquez Padín
- Milagros González Monteiro
- José Manuel Palacín Rodríguez
- Beatriz González Sousa
- Mónica Romero González
- María Jesús Guinde Martínez
- Eduardo Freiría Martínez
- Eva Rodríguez Castro
- Sonia Santos Ferreira
- Javier Casillas Gómez
- María Jesús da Silva Fernández
- Xacobe Sequeiros González
- María del Carmen Martínez Diz
- Margarita Macedo Gil
- Francisco Javier Niño Alonso
- Irene Rodríguez Gómez
- Emilio González Cruces
Suplentes:
- María Teresa González Martínez
- María Dolores García Prieto
- Juan Carlos Rodríguez Constantino
- Lucas Caruncho Dias
