Manifesto Miñor-En Marea-Gondomar

Este venres, ás 20,30hs, no Auditorio Municipal “Lois Tobío”, Manifesto Miñor-En Marea presentará a súa candidatura ás vindeiras eleccións muncipais.

Unha candidatuara na que repiten nos tres primeiros postos os actuáis concelleiros de MM seguidos de persoas de todas as parroquias con experiencia política, e sobre, todo con implicación social en diferentes activimos: Movimento Feminista, CCMM, AAVV, ANPAS, Defensa da Sanidade Pública, ecoloxismo, defensa dos dereitos dos animais, cultura, defensa das pensions, etc….

Cómpre destacar a presenza de mozos e mozas menores de 20 anos, coas súas reivindicacións específicas: falta de alternativas laboráis que os obriga a seguir emigrando, a carencia de transporte público para moverse ou para acceder á UVIGO, un ocio que conte coa súa opinión, etc

«Nas eleccións do 26 de maio, como se ve ás claras nesta longa campaña eleitoral, están enriba da mesa dous modelos de facer e de entender a política municipal. O modelo de actual alcalde, que exerce como delegado e/ou administrador da Deputación Provincial, incapaz de establecer consensos e con nula xestión municipal; baseado na propaganda e en actuacións cosméticas deixando fóra dos servizos básicos, como son o saneamento, o transporte, o PXOM, etc……Ou o modelo que propón Manifesto Miñor e Antonio Araújo dun concello aberto á participación e ao diálogo para que sexan os cidadáns que propoñan as liñas estratéxicas e os proxectos de futuro«, puntan dende MM.

«Isto quedou claro na explicación e tramitación do PXOM, ou coa rede de saneamento que se levou ás parroquias co Plan E, aprobación inicial do Regulamento de Participación veciñal, ou paseo fluvial cuxo proxecto está feito, etc, etc«, aseguran dende a formación política.