Iago Pereira

Dende o BNG de Baiona queren informar do acto público de presentación da candidatura do BNG ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, que terá lugar o sábado, 6 de maio, ás 19:00 horas, no Multiúsos de Sabarís (Rúa Benito Fariñas, 3 -Baiona).

Nesta presentación intervirán Juli Castro Campos, candidata no 3, Yasmina Moreira Costas, candidata no 2, Carmela González Iglesias, Deputada do BNG no Parlamento de Galiza, e Iago Pereira Moreda, candidato á Alcaldía do Concello de Baiona.