O BNG presenta este sábado, ás 20:00 horas na casa da cultura de Oia, a súa candidatura ao Goberno municipal encabezada por Xosé Antón Rodríguez (Xúster), empregado de automoción e presidente da Comunidade de Montes de Santa María de Oia.
O BNG dá inicio á carreira eleitoral coa intención de acadar unha ampla representación no Concello se o pobo de Oia lle outorga a súa confianza nas eleicións do 26 de maio.
O acto, que será presentado pola profesora Marisa Guerra Cañizo, contará coas intervencións de Cecilia Pérez Orxe, candidata ao Senado poa provincia de Pontevedra, e por Xosé Antón Rodríguez, candidato á Alcaldía.