Presentación do segundo traballo de Zurrumalla en Gondomar
O grupo Zurrumalla

O Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presentará este venres, ás 20:30 horas, o segundo traballo do grupo musical Zurrumalla que leva por título “Camiño por ti”.

Composto por Patri González, pandeireta, pandeira e voz, Carlos Sabaríz,”Pelouro”, bombo, Suso Comesaña, gaitas, saxo soprano e voz, Juan Comesaña, “Viti”, tamboril, Nacho Álvarez, acordeón e voz, Bieito Lobariñas, gaitas, cunchas, pandeireta e voz.

“Zurrumalla” naceu como grupo en febrero do ano 2000 cando un grupo de amigos decidiu dar pulo aos seus anceios e ás súas inquedanzas musicais.

O acto terá lugar na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. Da Feira , 10 baixo. Gondomar) e será presentado por Xilberte Manso de la Torre.