Centro de Salud de O Rosal

Os concelleiros do BNG do Rosal veñen de presentar, o día 12 de setembro, polo Portelo no Concello, un total de 1.000 sinaturas da veciñanza rosaleira dirixidas á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e ó Servizo Galego de Saúde (SERGAS) expresando e esixindo a reposición e mantemento do servizo médico completo da atención primaria no Concello.

É inxustificable por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a existencia de calquera tipo de recorte (temporal ou permanente) da Atención Primaria no noso Concello. Falamos de saúde e de sanidade, un dereito fundamental e, para nós tamén unha prioridade”, afirma Ánxela Fernández, portavoz do BNG do Rosal.

Lamentamos que o goberno municipal do PP e a alcaldesa, Mari Carmen Alonso, non loitasen nin defendesen os dereitos da veciñanza diante desta situación no goberno da Xunta de Galicia do PP. Dende o BNG denunciouse a situación da man da deputada do BNG, Montse Prado, no Parlamento Galego”, comenta Ánxela Fernández.