Percebeiros faenando en Oia
RUBENS // Percebeiros faenando en la costa de Oia

O portavoz independente do grupo mixto do concello de Oia, Xoán Lois Vila, demanda a Xunta e Concellos maís apoios para garantir a viabilidade da extracción artesanal do percebe no Baixo Miño.

O concelleiro critica o furtivismo sen control, e as deficiencias das depuradoras e as súas consecuencias dos vertidos na costa atlántica do Baixo Miño e a súa contaminación na costa.

Levamos moitos anos reclamando unha solución para o saneamento en Oia, … nesta ultima lexislatura en todos os plenos, con multiples mocións, presentadas polo BNG, PSOE e Independentes, pero o PP non atopa solucións”, indica o concelleiro.

O concello”, dice Vila, “está desbordado e súa incompetencia polo respecto ao medio ambiente fai que non se tomen medidas na defensa do litoral, da fauna e flora do mesmo e na protección dos postos de traballo que moitos percebeiros e percebeiras teñen a través dos seus permisos de extracción”.

“As autoridades e administracións non son efectivas contra o furtivismo descontrolado, aplicando medidas que non solucionan os problemas reais dos mariscadores, debido a que a venda ilegal rompe o mercado e da unha pésima imaxe na vila mariñeira da A Guarda e desprestixia os nosos xéneros únicos en galicia, e o traballo dos traballadores e traballadoras do mar, que ao mesmo tempo cumpren a legalidade e pagan taxas por vixianza, agrupacións, confradías, impostos e as súa seguridade social”, afirma.

Unha actividade económica que se está tornando inviable para os nosos mariscadores nos tempos que corren”, finaliza.