ajedrez

Este sábado comenza a liga galega de xadrez no que o club de xadrez Laroca participará con catro equipos.

O equipo do Laroca A participará na primeira división dentro do grupo C, os equipos B e C, que competiran na segunda división encuadrados no grupo E, e por último, o equipo do Laroca Mallón-Auga da Laxe, que competirá na terceira divisón no grupo K.

Nesta primeira xornada o Laroca A enfrentarase o equipo universitario de Ourense A. Na segunda división teremos o duelo local entre os dous equipos miñoranos, estes encontros celebraranse na sede de Cotros en Mallón a partires das 17:00 horas.

Na terceira división os laroqueiros desprazanse, a Vigo a sede da Once, para enfrontarse o seu equipo.