Nuevo alcalde de Baiona
ALFREDO // Ángel Rodal Almuiña (Archivo).

O Grupo do Partido Popular de Baiona, tal e como fixemos por escrito fai xustamente un mes, no cal presentamos numerosas propostas ao Alcalde coa intención de colaborar e contribuír de forma positiva, continuamos traballando co afán de seguir contribuíndo a conseguir o maior benestar posible da veciñanza.

Continuamos traballando en ideas e iniciativas que poden ser de gran axuda sobre todo encamiñadas a atender as necesidades económicas das empresas e das familias baionesas nesta situación que nos tocou vivir.

Acabamos de coñecer, este venres, celebrarase unha vídeoconferencia na que participará o Equipo de Goberno cos representantes das asociacións de comerciantes Ovalmi e Aceba, nesta reunión a oposición non estamos convidados, tampoco pertencemos ao Comité de coordinación Municipal para tratar o Covid-19, a pesares de que consideramos que seríamos de gran axuda.

Dende a nosa responsabilidade construtiva e de aportación, e para minimizar ao máximo o dano social e comercial no cal estamos inmersos, o noso grupo entende que non soamente se debe apoiar ao comercio local co retraso do pago de impostos obrigatorios como IAE, IBI o IVTM, sino na totalidade exención das taxas como a que corresponde a ocupación de terrazas ou escaparates e inclusive a totalidade do recibo do lixo, que axudará para que o sector poda compensar as grandes perdas que están a sufrir e a minimizar a tasa de desemprego.

É o momento de proporcionar axudas encamiñadas á estabilización e futura reactivación do comercio, fomento de emprego, así como axudar a todas as familias que debido a pérdeda de emprego están a pasar unha situación de crise económica e evitar a exclusión social.

Ao longo destes meses, incrementáronse as familias con necesidades económicas e por desgraza serán moitas máis nos próximos meses, dende o Grupo Municipal do Partido Popular, consideramos que a partida de 3.000€ que está asinada á asociación “ONG Ayuda al Mundo Necesitado” e que polo momento non foi destinada en alimentos á devandita asociación, así como a partida de 20.000€ asinada para a comida “Dos nosos maiores” e que non se poderá celebrar, poderían ser destinadas en axudas sociais, xa que ambas cantidades ( 23.000€) xa pertencen á partida de servizos sociais, non sendo necesaria ningún acordo plenario.

Algunhas familias comunicáronnos que non dispoñen de internet nin de dispositivo informático para que os seus fillos poidan realizar as actividades escolares on line, para isto pódese utilizar as tablets que están aprobadas no presuposto para todos os concelleiros e que o Partido Popular e o BNG rexeitaron en favor de que se destinase a cantidade a servicios sociais , pudendo ser destinadas neste momento a este fin tan necesario.

Tamén consideramos necesario que o Concello adquira mascarillas para toda a veciñanza, tal como están a facer máis de vinte municipios da provincia de Pontevedra, e se repartiran por correo ou por medio de protección civil.

Débese ter en conta que no orzamento municipal, están aprobadas partidas para actividades deportivas e culturais que nos próximos meses non se poderán realizar, sería convinte valorar estas partidas e facer unha modificación de crédito, para que poidan ser destinadas en atender as familias necesitadas, fomento de emprego, estabilización e reactivación do comercio.

Reiteramos ao Alcalde o noso compromiso coa veciñanza e que máis ca nunca se debe traballar de forma conxunta. Dende o noso grupo, agradecer a todos os veciños e veciñas a súa implicación.