“Agradecidísima polo cariño recibido”, Purificación Granja Valverde celebrou hoxe o seu 102 aniversario. Rodeada da súa familia, recibiu a visita da Alcaldesa Cristina Correa, acompañada da Concelleira Carmen María, que, en nome de tódolos veciños do Concello de Oia, lle fixeron entrega dun ramo de flores.
Pese a ter máis dun século de vida, esta xovial anciá sempre regala un sorriso a quen conversa con ela. Ten unha saúde encomiable, di que “gracias a que é unha persoa tranquila, sinxela, e que os netos e bisnetos lle axudan acotío”.
Segue sendo moi afeccionada á radio, e é unha gran fan do programa “Sesión Vermú” de Piñeiro e do de Marcial, da Radio Galega, quen xa a entrevistou en varias ocasións. E o seu maior pasatempo, aparte de desfrutar coa familia, e ganchillar peciñas de roupa para os seus netos e bisnetos.