A Asemblea Veciñal por un transporte público colectivo digno para Gondomar, entregou esta mañá no rexistro xeral do Servizo de mobilidade da Xunta en Pontevedra, dependente da Consellería de Infraestructuras e Vivenda, 1.105 sinaturas reclamando a inclusión de Gondomar no transporte metropolitano.

Ademáis, entrogouse tamén un documento no que se recollen críticas e reclamacións a respecto das reiteradas supresións nas liñas e frecuencias. Asi mesmo se realizou un concentración nas inmediacións do edificio da Xunta.

Unha copia de todo o presentado en Pontevedra foi presentada no Concello de Gondomar, para que este inste á Xunta a cumplir coas nosas demandas”, aseguran dende a Asamble Veciñal.