ALFREDO // Archivo

En asemblea veciñal celebrada o pasado 3 de agosto, a veciñanza de Vilaza acordou reclamar do goberno local accións urxentes e inmediatas para regularizar o servizo de abastecemento de auga na parroquia.

Unha das accións é a recollida de sinaturas que rematará o día 2 de setembro ás 20:00 horas, coincidindo cunha nova asemblea parroquial no Centro Cultural, onde se fará reconto das firmas recollidas e se decidirán as seguintes accións a desenvolver.

As persoas interesadas en colaborar na recollida teñen follas á súa disposición no Centro Cultural de Vilaza. Ademais, para facilitar que todas persoas que queiran asinar poidan facelo, colocarase mesa de recollida esta fin de semana na parroquia de Vilaza. A recollida terá lugar mañá, sábado 20, e pasado mañá, domingo 21, de acordo a este calendario: