Este sábado disputáronse no campo da Gándara de Chaín, Gondomar, os encontros de Fútbol Gaélico donde participaron as categorías masculinas e femeninas do Turonia.

Asi, na categoría masculina, o Turinia non conseguiu estar cómodo no partido xa dende o seu inicio. Porén, até os últimos minutos da primeira parte o encontro mantívose igualado. Un gol do equipo visitante pouco antes do descanso marcaba unha vantaxe de 5 tantos para Dorna ao final da primeira parte.

Na segunda parte, o equipo local, totalmente desdebuxado, foi incapaz de facer fronte ao equipo da Arousa, que conseguiu levar o partido comodamente grazas a varios goles fáciles e a ineficacia do xogo ofensivo do Turonia. O resultado final foi de Turonia 2-08 v Dorna 4-09

Na categoría femenina, o partido foi moi disputado no derby da zona sur entre Turonia e Keltoi. As xogadoras locais conseguiron vantaxe no marcador desde os primeiros minutos. Con todo, a oposición mostrada polo equipo vigués non permitía un momento de descanso para o Turonia. Dous goles do conxunto de Gondomar dáballes no descanso unha vantaxe de 7 puntos.

Na segunda parte, Keltoi apretou o marcador con dous goles a balón parado e unha intensa defensa sobre a dianteira do Turonia. Porén, o equipo local soubo administrar a vantaxe para lograr unha valiosa vitoria que confirma a boa progresión do equipo debutante nesta segunda volta da liga. Resultado final Turonia 4-13 v Keltoi 2-13.