O pasado fin de semana celebrouse na Quinta Asturiana de Villaviciosa de Odón (Madrid), o campeonato de España de bolo celta modalidade individual.

Participaron un total de 12 xogadores das Comunidades de Asturias, Galicia e Madrid. As fases de clasificación xogaronse durante o sábado e o domingo disputouse a final.

Os xogadores desplazados pola federación galega foron: Jairo Fernández, do club de bolos Cean (Nigrán), como campión de España do ano 2018; José M. Torres, do club de bolos San Cibrán; Inocencio Valverde, do club de bolos Xunqueira; Sergio Fernández, do club de bolos Camos e Diego Pérez, do club de bolos Sobreiro. A final foi xogada entre os xogadores Jonny González de Asturias e Sergio Fernández de Galicia, resultando gañador o xogador asturiano.

A clasificación final foi a seguinte:

Unha vez finalizado o campeonato individual xogouse o campionato de España de seleccións territoriais na que a selección galega impoxose claramente as outras duas.

A clasificación foi a seguinte:

O vindeiro campionato organizado pola Federación Galega de Bolos será o intermodal galego que se xogará en Camos (Nigrán) os vindeiros días 29 e 30 do presente mes, a partires das 10:00 da mañan.

Campionato éste que consta de 10 modalidades diferentes de bolos que se xogan o longo da Comunidade Galega estando representadas as 4 provincias galegas, tanto en xogadores como en modalidade de bolos.