San Xerome Emiliani estrea novo espazo polivalente

O vindeiro xoves 29 de novembro, será un día grande para a Asociación San Xerome Emiliani, xa que estreará novas instalación, un novo novo espazo polivalente.

Dende o centro aseguran que «este é só o principio dunha reforma, que mais alá do estrutural é o fiel reflexo dun cambio interno»:

  • Queremos ser quen somos, e queremos transformar o mundo para que sexa un mundo onde todas e todos poidamos vivir e compartir vida.
  • Esta cambio nace do máis importante do Sanxe: as persoas que reciben apoios (usuarias e familias) e das/os profesionais que xestionamos estes apoios da man da Xunta Directiva.
  • Por qué?… Porque todas as persoas do San Xerome queremos compartir o mellor de nós, dando e recibindo os apoios que nos permiten vivir cada día con dignidade, sendo quen realmente somos, nós mesmos, corresponsables da nosa vida e o noso destino.
  • Para qué?… Este novo Espazo o precisamos para facer cousas xuntos, coas persoas que queiran compartir coñecemento, aprendizaxe, experiencia, visións diversas… Aberto a todas e todos. Un Espazo INCLUSIVO onde todas e todos temos un sitio, o noso sitio.
  • Creemos que isto é verdadeiramente transformador: o encontro, o compartir, a aprendizaxe conxunta, o coñecemento mutuo… transformadora das persoas cara a ser mais respectuosas, inclusivas, empáticas e mesmo curiosas unhas coas outras.
  • Cómo?… Esta realidade a construímos Xuntos, e por iso estamos abertos a recibir as propostas de todos aqueles que queiran utilizar o noso Espazo para desenvolver a súas propias actividades, eventos, charlas, accións formativas, coloquios,… mesmo concertos e exposicións.
  • San Xerome crece, abríndose ao territorio, sumando os esforzos de todos os Axentes do Cambio da nosa Comarca e máis aló; sendo máis inclusivo e comprometéndose cos seus compañeiros e compañeiras de viaxe que somos todos nós, a nosa Comunidade.
  • Queremos botar un brinde pola diversidade, polo dereito a vivir nun presente manifesto e nun futuro emerxente. Estades todas e todos invitados a acompañarnos.