Segunda xornada da Liga Galega de Xadrez
Club Laroca

Este sábado celebrase a segunda xornada da Liga de Xadrez. Na primeira división o equipo do Laroca A, que ocupa a segunda posición da taboa clasificatoria con 3 puntos, terá un encontro complicado no seu desprazamento a terras ourensanas, para enfrontarse ó club deportivo xadrez Ourense C, que ocupa terceira posición con 2,5 puntos.

Na segunda división o equipo do Laroca B desprazase a Vigo para enfrontarse o equipo do Lucena xadrez galego, que ocupa septima praza, con 2 puntos pola octava posición dos nigranenses; o outro representante na segunda división, o Laroca C con 2,5 puntos, ocupa a quinta posición da taboa e xogara na sede de Cotros a partires das 17:00 horas ante os arousanos do club xadrez Fontecarmoa-zona aberta,situados na terceira posición con 3 puntos.

Na terceira división o ´Laroca Mallón-Auga da Laxe» terá un complicado desprazamento a Vigo para enfrontarse o equipo do Lucena A, que con 3 puntos ocupa a segunda posición pola septima dos miñoranos.