Conchi Chapela

A escritora miñorá tivo unha xornada moi intensa o Día das Letras Galegas. Tras vencer no XXXII Certame literario Xaime Illa Couto de Poio coa obra “MAI • Muller Amadora Ígnea”,  ofrecía un recital poético no auditorio de Gondomar en homenaxe a Luísa Villalta xunto ao virtuoso violinista de once anos Leo Castro Casabella, pechando a xornada co primeiro premio de poesía no VIII Certame Literario Verbas Novas cun “Centón Villaltiano”.

A escritora dos paseos do Miñor presentará o seu novo traballo “APOSIOPESE” este luns 20 de maio, Día Mundial das Abellas, na biblioteca de Nigrán.

A obra, galardoada cos premios de poesía Manuel Oreste e Leiras Pulpeiro, destaca pola súa abordaxe innovadora. Na presentación do libro, as e os asistentes disfrutarán dunha cata de mel, de xogos, exhibición de ferramentas e unha conferencia impartida polo experto apicultor Suso Muñoz. O encontro terá lugar ás 20:00 horas na planta baixa da biblioteca de Nigrán, con entrada libre e gratuíta até completar aforo.

Soledad García é a autora de sete libros infanto-xuvenís con roteiros:  DEDAS, Un paseo por Nigrán, Un paseo por Baiona, Samagostín, Un paseo por Gondomar, A walk in Baiona e URCO, unha historia reciclada.  E dos poemarios ilustrados POEMARcovida e O camiño de Perséfone. APOSIOPESE, con elementos innovadores, pretende ser unha elexía ao seu pai visibilizando a necesidade de protexer ás abellas.