ALFREDO // Mercado de Tui (archivo)

Á ATENCIÓN DO SR. PRESIDENTE MUNICIPAL DA CORPORACIÓN DO CONCELLO DE TUI, D. ENRIQUE CABALEIRO:

En virtude do Artigo 78.2 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL), os seguintes concelleiros, abaixo asinantes, que tal como se establece na norma, configuramos polo menos un cuarto da membresía da Corporación, solicitamos a convocatoria dun pleno extraordinario.

Cambio de localización do Mercado dos Xoves por parte do Goberno Actual.

Exposición de Motivos:

O Xoves, 16 de xuño de 2020, asistimos ao cambio efectivo da ubicación do tradicional Mercado do Xoves de Tui que se celebraba principalmente na Corredoira e noutras rúas adxacentes da cidade. Por dita decisión o mercado foi trasladalo a unha serie de beirarrúas e terreos prolongación da Rúa Casal Aboy.

A razón aducida pola Concellería de Comercio e Mercado, e avalada pola Alcaldía, é que este cambio se realiza debido a que nas rúas onde se localizaban tradicionalmente os postos do mercadillo non se pode garantir a seguridade sanitaria conforme aos criterios marcados na Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e publicada no DOG o sábado 13 de Xuño de 2020, documento que no seu momento tivo como obxectivo establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en diferentes ramos da actividade económica na nosa Comunidade.

Sen embargo, a día de hoxe, os Concelleiros/as que suscribimos este documento descoñecemos os informes técnicos nos que se ampara esta resolución do Goberno Local e consideramos transcendental que Goberno Local os presente ante esta Corporación para así nos contar con elementos de valoración.

Do mesmo modo, unha parte importante dos comerciantes non sedentarios do Mercado dos Xoves de Tui tamén afirman non atoparse ao tanto do contido destes informes técnicos.

Por outra banda, debemos subliñar cunha cuestión tan importante para o desenvolvemento socioeconómico e estrutural de Tui como é o cambio de localización do mercado non se consultou nin se debateu de forma oficial entre os diferentes grupos.

Neste orde de cousas, precisamente, varias asociacións de comerciantes ambulantes quéixanse da carencia de explicacións e da falla de aviso con suficiente antelación por parte do Goberno de Tui, e incluso laméntanse de que non foron escoitadas as alternativas que pretendían presentar. Isto traduciuse en numerosas queixas que viñeron a parar ata os diferentes partidos da oposición, que circularon nas redes sociais e que culminaron nunha concentración na Corredoira o primeiro xoves da habilitación do mercado tralo Estado de Alarma. De feito, moitos comerciantes aínda non se incorporaron a súa actividade ca conseguinte traxedia económica que supón para os seus fogares. Por iso este pleno, debe celebrarse ca máxima urxencia posible.

Un punto de vital importancia son as medidas filosanitarias e a preparación dos terreos da nova localización. Subliñar que sobre isto nos non temos aínda constancia oficial, e os comerciantes se queixan encarecidamente, sobre todo pola deficiencia na cantidade e calidade dos WC ́s así como do suposto procedemento de hixienización. Do mesmo modo, non sabemos exactamente que medidas se están a tomar para a prevención do Coronavirus no entorno do mercado, e pensamos cunha cuestión tan fundamental para a saúde dos cidadáns debémola coñecer tódolos representantes institucionais.

Outra cuestión sobre este cambio do mercado é o posible impacto económico para os comerciantes ambulantes, para o conxunto do comercio tudense e para a cidade en xeral. Tampouco temos constancia de que exista un estudo acerca desta peza clave.

Tamén faise perentoria unha explicación sobre as condicións xurídicas na que se atopa este Mercado do Xoves.

Por último, se nos presentan dúbidas sobre si esta nova localización será temporal, e durará o tempo que se estenda a alerta sanitaria polo COVID 19, ou ten por parte deste Goberno unha intencionalidade de mantemento máis prolongada no tempo. Algunha rumoroloxía e declaracións extraoficiais apuntan neste senso, e carecendo dunha declaración de intencións oficial por parte deste Goberno, o lóxico é que se nos despexe esta interrogante, para que nos poidamos expresar o noso acordo ou desacordo, e dende logo, presentar as nosas alternativas se as houbese.

Polo tanto, consideramos máis que xustificada esta solicitude para que se traduza nunha sesión plenaria extraordinaria ca máxima perentoriedade. Do mesmo modo, mantendo tódalas medidas de seguridade, expresamos o interese de que poda asistir público a dito pleno.

Asinado:

PP:

  • José Ángel Fernández Rodríguez.
  • Jorge Lima Durán.
  • José Ángel Villaverde Rocha.

Ciudadanos:

  • Manuel González Vázquez.

BNG:

  • Carmén Núñez Méndez.
  • Xosé Martínez Tato.

CONVERXENCIA 21:

  • José Manuel Palacín y Rodríguez