A compañía teatral “Matrioshka” presenta a súa obra “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”, en homenaxe a María Victoria Moreno, a cal a Real Academia da Lingua dedicou este ano o Día das letras Galegas.
Este espectáculo é un percorrido pola vida e obra da escritora, que se describía a si mesma coma unha señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos. É un convite a todas as persoas que busquen, precisen e gocen de universos de imaxes e letras, de mulleres que viaxan a contracorrente, de accións e camiños por camiñar.
O acto terá lugar o este sábado, ás 22:00 horas, no auditorio de Goián. Entrada de balde. A partir de 14 anos.