ALFREDO

O Concello de Tomiño informa que os técnicos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, estarán a disposición da veciñanza afectada polo proxecto de construción do II treito da Via de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda, o día mércores 24 de xullo, para consultas e resolución de dúbidas.

É preciso solicitar cita previa no teléfono do Concello (986 62 20 01), marcando a extensión 4.

O prazo para presentar alegacións remata o mércores 14 de agosto.

O horario de atención ao público será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas, no Salón de Plenos do Concello.