Tomiño acolle este xoves, 10 de maio, o “Correlingua” coa participación de dous coles do municipio. A carreira sairá ás 11.00 da mañá dende os IES Antón Alonso Ríos até a Praza do Seixo, onde terán lugar todos os actos.
O programa do Correlingua de Tomiño será o seguinte:
- Ás 10.00 horas, probas de son Oh! Ayatollah.
- Ás 10.45 horas, proba de son Isa Risco.
- Ás 11:00 horas, no IES de Tomiño, comezo da Carreira.
- As 11:30 horas, inicio do acto final coa intervención de Isabel Risco.
- Ás 11:40 horas, saúdo da organización (Marcos Maceira da Mesa) e das entidades colaboradoras (Xosé Leal da Deputación de Pontevedra e Sandra González do Concello de Tomiño). Entrega dos agasallos do concurso de animación.
- Ás 11:50 horas, lectura do manifesto.
- Ás 11:55 horas, actuacións escolares:
- Actuación do alumnado do CEIP Pintor Antonio Fernández
- Actuación do alumnado do Ceip Barrantes
- Actuación do alumnado do IES Salvaterra
- Ás 12:05 horas, actuación do grupo gañador do Cantalingua: Oh! Ayatollah
- Ás 12.30 horas, remate.
