Gala do Deporte 2018

A V Gala do Deporte terá lugar o vindeiro sábado, día 9 de marzo, ás 20:00 horas, no Auditorio de Goián.

Como novidade desta quinta edición, ofertarase unha fantástica xornada multideporte para a infancia, onde os nenos poderán practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, etc., de 17.00 a 20.00 horas no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio.

A Concellería de Deportes agarda contar coa presenza de colectivos, asociacións, clubs e público en xeral, para render homenaxe a todas as persoas deportistas tomiñesas, e premiar a aquelas que destacaron neste último ano.

Agradécese que se confirme asistencia no enderezo electrónico:  deporte@tomino.gal