O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Praza do Seixo encherase de actividades lúdicas e educativas, organizadas polo Concello para conmemorar esta data tan importante.

Coma en anos anteriores, haberá descontos na venda de textos, escritos en lingua galega, que ascenderán ate o 50 % do seu valor real.

As actividades comezarán ás 10:30 horas, coa venta de libros e obradoiros relacionados coa figura do escritor desaparecido Carlos Casares; a cultura e lingua galegas, dirixidos tanto a nenos e nenas, coma a persoas adultas. Ás 14:30 horas farase un descanso, retomando as actividades de 17:00 a 20:00 horas.

Ás 12:00 horas, a Agrupación Musical de Goián ofrecerá un concerto na propia praza.

Pola tarde, a partir das cinco, haberá obradoiros de xoguetes populares e tradicionais, e unha hora despois, contacontos “Cantos Animais”, con Susa Herrera, e sinatura de libros ao rematar.

Ás sete da tarde, dará comezo unha foliada, sendo necesario traer o instrumento para poder unirse.

En caso de choiva as actividades trasladaranse ao mercado municipal.