O Concello de Tomiño segue traballando para conseguir que a igualdade sexa unha realidade. Por este motivo, este luns arrancan no Salón de Plenos da casa consistorial as ‘Xornadas feministas para o fomento da participación de mulleres novas’. Cinco días de charlas, debates e obradoiros prácticos dirixidos a mulleres novas “que desexen coñecer a nosa historia e contribuír activamente a facer posible que o conto siga mudando ata que a igualdade sexa, por fin, unha realidade”, como salienta a concelleira de Igualdade, Cristina Martínez.

As charlas e demais actividades terán lugar no salón de plenos do Concello desde o luns 23 ata o venres 27 de setembro, entre as 16.00 e as 21.00 horas, e contarán coa presenza de figuras de recoñecido prestixio no campo do feminismo, o pensamento crítico, o asociacionismo con perspectiva de xénero, a acción colectiva, a autoestima e a identidade persoal e social.

Entre as poñentes convidadas estarán Nanina Santos Castroviejo (escritora, integrante do consello de redacción da revista de pensamento feminista Andaina e figura histórica do movemento feminista galego), Ania González (avogada e crítica cultural, especialista en Teoría Crítica do Discurso, colaboradora en diversos colectivos independentes e de autoxestión e crítica de arte en Babelia-El País) ou Diana López Varela (xornalista e escritora, autora de ‘No es país para coños’; directora da curta ‘Feminazi’ e colaboradora en diversos medios de comunicación) que presentará o seu libro ‘Maternofobia. Relato de una generación enfrentada a la maternidad’.

A través de cinco xornadas, as persoas que participen analizarán o feminismo como teoría e movemento emancipador e a súa contribución aos cambios sociais; experiencias na participación activa das mulleres e a reivindicación de dereitos; procesos de empoderamento, xestión e práctica na constitución de asociación, emprego…

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse aínda na web municipal. Para as persoas que o soliciten, haberá servizo de gardería. 

Programa.

Luns 23 de setembro:

O ASOCIACIONISMO DE MULLERES E FEMINISTA: DA EXPERIENCIA INDIVIDUAL Á ACCIÓN COLECTIVA»

  • De 16.00 a 16.15: Recepción
  • De 16.15 a 16.30: Inauguración das Xornadas.
  • De 16.30 a 17.30: Conferencia de Nanina Santos Castroviejo: escritora, , musicóloga, integrante do consello de redacción da Revista de pensamento feminista Andaina e histórica do movemento feminista galego.
  • 30 – 18.30: Conferencia da Representante de Federación de Mujeres Jóvenes.
  • 30 – 19.00: PAUSA PARA CAFÉ.
  • 00- 20.00: Andrea Barreira: escritora, integrante do colectivo de crítica literaria feminista A Sega e colaboradora habitual da Libraría de Mulleres Lila de Lilith.
  • 00 – 21.00: Debate.

 Martes 24 de setembro: 

  • De 16.00 a 17.20: “IDENTIDADE FEMININA E EQUIDADE ENTRE HOMES E MULLERES”, Obradoiro impartido por Paula Suárez Gullón (directora de Positivando gabinete psicopedagóxico, delegada en Galicia ECAI Balbalika, Socia Colaboradora TDAH Salnés, secretaria de Empresarias Galicia, directora e presentadora do programa «De Viva Voz», en Single Radio).
  • De 17.20 a 17.40: PAUSA PARA CAFÉ.
  • De 17.40 a 18.30: CONFERENCIA “AUTOESTIMA E IDENTIDADE PERSOAL. DA REVOLUCIÓN FEMININA Á CONSTRUCIÓN SOCIAL”, impartida por Paula Suárez Gullón.
  • De 19.00 a 20.00: CONFERENCIA; “A DIFERENCIACIÓN COMO EIXO DE ACCIÓN NA PROCURA DE EMPREGO”, impartida por Fátima Rodríguez Marcos, licenciada en Psicoloxía e xerente de Talentea.

Mércores 25 de setembro:

  • De 16.00 a 17.30: OBRADOIRO “ ESTIMULACIÓN DA CREATIVIDADE ENFOCADA AO PROCESO DE PROCURA DE EMPREGO”, impartido por Fátima de Talentea.
  • De 17.30 a 18.00: PAUSA PARA CAFÉ.
  • De 18.00 a 21.00: OBRADOIRO “Xogo – un camiño de aprendizaxe, expresión e empoderamento. / A través do teatro de obxectos”, realizado por Alba Grande e Andrea Borda.

Xoves 26 de setembro:

Diana López Varela

  • De 16.00 a 17.20: Presentación do libro “MATERNOFOBIA. RELATO DE UNA GENERACIÓN ENFRENTADA A LA MATERNIDAD”  de Diana López Varela (xornalista e escritora. Autora de “No es país para coños” e directora da curtametraxe Feminazi, entre outras cousas. Tamén colabora con diversos medios de comunicación).
  • De 17.20 a 17.40: PAUSA PARA CAFÉ.
  • De 17.40 a 19.00: “AUTOESTIMA E EXPECTATIVAS INCUMPLIDAS: A NOVA ENFERMIDADE DAS MULLERES”, por Diana López Varela.
  • De 19.00 a 20.00: “PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “FEMINAZI”, de Diana López Varela.

Venres 27 de setembro

KIT FEMINISTA PARA ASOCIACIÓNS. Obradorio práctico para a creación e xestión de asociacións con perspectiva de xénero.

  • 16:00. a 18:30: Constitución, órganos de goberno e funcionamento das asociacións. O consenso e toma de decisións con perspectiva de xénero. Réxime fiscal e financiamento. Subvencións. A contratación pública
  • 18:30h: PAUSA PARA CAFÉ
  • 19:00 a 21.00h.:  Outra normativa aplicable a asociacións : Protección de datos, dereitos de imaxe e propiedade intelectual. Organización de actividades. Coxestión de espazos públicos. Programas para o fomento do feminismo no movemento asociativo.

Ania González: avogada e crítica cultural, especialista en Teoría Crítica do Discurso, Museoloxía, Imaxinación Política e Feminismos. Colaboradora en diversos colectivos independentes e de autoxestión, e crítica de arte en Babelia-El País.

Rafael Anido: avogado e dinamizador cultural. Membro do equipo do espazo autoxestionado Nave 1839 (A Coruña) e músico colaborador en diferentes colectivos