Continuando cos actos de conmemoración da Semana Europea da Mocidade, o Concello de Tomiño, a través da súa Oficina Municipal de Información Xuvenil, vén de celebrar un encontro informal coa mocidade tomiñesa “Toma un café con Europa”, co fin de conversar e debater de forma distendida sobre temáticas coma a Unión Europea, retos de futuro, etc.

O primeiro encontro tivo lugar o pasado mércores pola mañá (Día Europeo da Información Xuvenil) no propio Concello, e pola tarde no mercado. Asimesmo, terá lugar unha nova sesión o vindeiro xoves, 25 de abril, na Escola Obradoiro de Goián, entre as 18.30 e as 21.30 horas.

Os mozos participantes recoñeceron ter a sensación de pertenza a un espazo europeo común, no que poden viaxar sen pasaporte, coa mesma moeda e un servicio de itineranza de datos, o que conciben coma unha clara vantaxe.

Para máis información, pódese consultar a páxina web do Concello, pasar pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) Bº da Rocha, s/n, ou ben, chamar por teléfono ao número 986 622 001.