Procesión de San Telmo

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar máis de 1,2 millóns de euros para que sete concellos da provincia contraten a 89 persoas e poidan afrontar gasto corrente ao abeiro da liña 3, de activación do emprego, e 2 do Plan +Provincia.

Benefícianse destes recursos A Illa de Arousa, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.  “Temos concedido xa 4,3 millóns de euros aos concellos baixo o paraugas do +Provincia, o  programa récord de obras e servizos, dotado con 48,2 millóns de euros, para tender pontes cos concellos de menos de 50.000 habitantes e facer que o motor da provincia siga funcionando”, asegurou o presidente provincial Luis López.

No marco da liña 3, de emprego, a Xunta de Goberno aprobou preto dun millón de euros para que os concellos de Sanxenxo, Tomiño, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova poidan contratar a 89 persoas desempregadas. Ata o de agora aprobáronse preto de 4,1 millóns de euros para 27 concellos da provincia o que supón o 44,24% do orzamento global da liña de activación de emprego que ascende a 9,25 millóns de euros.

Deste xeito, Tomiño recibirá 266.000 € para para contratar a 20 persoas que se encargarán de executar tarefas de peóns de xardinería (11), traballo social (2), condutor retroescavadora (2), instalador electricista (1), técnico administrativo (1), mecánico (1), soldador (1), peón da construción (1) e enxeñeiro técnico forestal (1).

No caso da liña 2 de gasto corrente, Tui recibirá 96.000 € para as festas patronais de San Telmo.