O Concello de Tomiño, en colaboración co Club Atletismo Trega, organiza a I Carreira de Nadal Tomiño 2018, que terá lugar o vindeiro domingo 23 de decembro.
A saída será na rúa Daniel Calzado para todas as categorías:
- Ás 11:00 horas, Absoluto Masculino/Feminino 4.5 Km.
- Ás 11:30 horas, Alevíns Masculino/Feminino 1.5 Km ; Infantís Masculino/Feminino 1.5 km; Cadetes Masculino/Feminino 1.5 Km
- Ás 11:40 horas, Benxamíns Masculino/Feminino 600 metros
- Ás 11:50 horas, Prebenxamíns Masculino/Feminino 250 metros
- Ás 12:00 horas, Pulgas Masculino/Feminino 100 metros.
Ao remate da proba, haberá chocolate para todas as persoas participantes. As inscricións son de balde; sendo posible enviar un correo electrónico a carreiranadaltomino@gmail.com, ou ben, formalizala o mesmo día da proba.
