O Concello de Tomiño vén de abrir o prazo de inscrición nas actividades de verán para nenos. Unha decena de propostas e, concretamente, oito campus deportivos e dous campamentos: urbano e musical.

Piragüismo, tenis, pádel e fútbol; rugby, skate, balonmán e atletismo, son as disciplinas dos campus organizados pola Concellería de Deportes.

O prazo de inscrición ábrese hoxe e remata o día 25 de xuño (o 24 no caso de piragüismo). O trámite pode realizarse a través da páxina web do Concello.

As persoas que asistan ás actividades de rugby, skate, atletismo, tenis, pádel, balonmán e fútbol terán unha camiseta de balde.

Para comprobar que o tamaño da mesma é o correcto, pódese comprobar a talla no edificio de Benestar Social do Concello de Tomiño (Barrio da Rocha, 8; antigo centro de saúde).

Para máis información ou dúbidas, chamar ao 986 622 001 de luns a venres, de 8:00 a 14:00 horas.