Auditorio de Goián, en Tomiño.
ALFREDO // Imagen de archivo del auditorio de Goián.

Tomiño preparase para unha fin de semana chea de música e troula, con dous espectáculos de calidade que se levarán a escena o sábado e o domingo no Auditorio de Goián, dentro da programación cultural de primavera organizada polo Concello.

Trátase, en primeiro lugar, de “De outra margem”, a cargo dun grupo de profes de Secundaria, que realizarán unha actuación con alumnado do instituto Antón Alonso Ríos, de Tomiño. Esta proposta será ás 22.00h e a entrada (3 euros para adultos, nenos e nenas de balde) pode mercarse dende unha hora antes do comezo na taquilla do auditorio.

O domingo ás 18.00h chega outro espectáculo para público familiar. Troula Animación presenta “Uxía Lambona e a Banda Molona”; un proxecto lúdico, musical e educativo, con temas tradicionais galegos tratados dun xeito novo a atractivo, con estilos musicais coma o rock, o ska ou o hip-hop. As entradas terán tamén un custe de 3 euros para as persoas adultas e poderán adquirirse dende unha hora antes do comezo da función.