ALFREDO

A Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar (AVTG) convoca a veciñas e veciños a participar na asemblea que terá lugar mañá, sábado 25 de outubro, a partir das 19:30h, no Centro de Desenvolvemento Local (CDL).

Na asemblea darase información sobre a anulación do contrato da Xunta coa empresa LUGOVE e sobre como afecta ao servizo de transporte colectivo en Gondomar. Así mesmo, recolleranse propostas de mellora do servizo, para trasladar á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, e acordaranse novas accións a realizar en defensa dun transporte digo para Gondomar, en particular, e aquelas outras que nos permitan unha mellor comunicación cos outros concellos do Val Miñor e co conxunto da área metropolitana de Vigo.

Desde a AVTG fan un chamamento á veciñanza para que participen e espallen a convocatoria a quen poida interesar.