Este domingo baterase récord de participación no Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster, na cal participarán preto de 200 ciclistas.
A proba sairá este domingo, 28 de xullo, ás 10.30 horas do Paseo da Corredoira onde estará situada tamén a liña de meta. Os corredores terán que realizan 80 quilómetros nun circuíto establecido que os levará até Guillarei, Salvaterra, As Neves, Ponteareas, e regreso a Tui, onde no quilómetro 66.5 terán que afrontar o coñecido coma o “muro de Tui”, que é o ascenso pola rúa Bispo Lago até a Corredoira, para continuar por Areas, o Alto do Matelo, e San Antoniño, e regresar de novo ao centro urbano, para xa a poucos metros da liña de meta volver subir pola rúa Bispo Lago, polo que o tramo final será moi espectacular.
Restricións no tráfico
Debido á celebración desta proba deportiva haberá cortes de tráfico momentáneos nas rúas por onde transcorre, polo que se solicita a colaboración e comprensión dos usuarios destes viais.
Amais non se poderá estacionar ata ás 13.30 horas nas rúas Calzada, Antero Rubín, Coengo Valiño e Bispo Lago, nin na rúa Casal Aboy no tramo entre a rúa Colón e a rúa Compostela.
